O CIM organiza Mulleronas, un programa de teatro-estima os meses de abril e maio

26-03-2019
mans

O CIM organiza Mulleronas, un programa de teatro-estima os xoves de abril e maio no Auditorio Municipal Constante Liste de 11:30 a 13:15 horas. Para participar hai que anotarse chamando ao Centro de Información á Muller de Teo ao número: 981.938.475. A actividade está dirixida a mulleres e é de balde.

Trátase dunha iniciativa coas actrices do grupo Chévere na que cunha serie de prácticas teatrais
se crearán situacións e personaxes desde o corpo e a personalidade propias de cada muller. É un modo de compartir
inquedanzas, problemas e sentimentos para superar inseguridades e limitacións.

Cada unha das mulleres participantes collerá o que lle sexa máis útil, pero todas quedarán co valor da experiencia compartida e a emoción de ter ido un pouco máis aló do nos "eu" cotián.