O pleno votará a modificación de varias ordenanzas fiscais.

26-03-2019
concello

A corporación teense reúnese este mércores 27 de abril na sesión ordinaria do mes de marzo. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas.

O pleno aprobou en xaneiro a adhesión do Concello ao Protocolo xeral de actuación entre a Xunta e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa "Concellos Doing Business Galicia". Este protocolo establece como obrigas a modificación das ordenanzas fiscais do ICIO, IAE e IBI incorporando bonificacións específicas para as empresas xeradoras de emprego. Neste pleno de marzo votaranse as modificacións destas ordenanzas.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación da acta da sesión de 27.02.19.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 151/19 á 212/19).
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 Bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza do ICIO.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza do IAE.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza do IBI.
  7. Proposición da alcaldía de ratificación da resolución de aprobación do proxecto da obra de "Reforma e ampliación da Casa Común de Oza".
  8. Mocións.
  9. Rogos e preguntas.