O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
En Teo novembro é sinónimo de San Martiño. E o Informateo non podía deixar de recoller ampla información sobre esta feira histórica que se celebra cada 11 de novembro na carballeira de Francos. Este ano ademais é domingo, polo que a véspera terá xa un amplo contido festivo con función de Titiriberia e os I Cantos de taberna de véspera.
Ademais do San Martiño infórmase da posta en marcha da aplicación para móbiles Teo avisos que se pode descargar dende a semana do 5 de novembro e a través da que se establece unha nova canle de comunicación coa veciñanza.
A maiores infórmase da convocatoria das parcelas da horta urbana de Campos de Mirabel e da campaña polo 25N contra a violencia de xénero.
Consulta aquí o informateo de novembro completo.
| Attachment | Size |
|---|---|
| InformaTeo_Novembro_2018.pdf | 453.13 KB |