O San Martiño contará cun espazo para a artesanía e a enogastronomía

09-11-2018
masolas

O Concello organiza varias actividades durante a feira do San Martiño na carpa municipal, ubicada detrás da zona da capela. A carpa estará adicada á  exposición de artesanía e á degustación de produtos de calidade recoñecida: Viños da DO Rías Baixas, subzona da Ribeira do Ulla, queixos galegos con denominación de orixe protexida, produtos con certificación ecolóxica,  Augardentes de Galicia con indicación xeográfica protexida e Castaña de Galicia.

No interior da carpa tamén poderás degustar e disfrutar dun prato da cociña local, as masolas. A masola é unha preparación similar á filloa pero máis gorda e con algún condimento salgado ou doce como pode ser zorza, cabaza... Anímate a probar as Masolas de Teo.

Dentro deste espazo enogastronómico ás 11:00 horas haberá unha cata comentada de queixos galegos con DOP dirixido polo consello regulador da denominación de orixe QueixoTetilla. Ás 12:45 horas unha cata de viños da DO Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla, comentada e dirixida polo sumiller Nacho Costoya. Poderás inscribirte a estas actividades no Punto de Información Municipal, ubicado na propia carpa, a partir das 10.00 da mañá do día 11 de novembro.

Máis información sobre o San Martiño premendo aquí