Convócanse procesos selectivos para cubrir postos temporais de albanelería e xardinería

31-05-2022
cortacesped

O Concello convoca procesos selectivos para a contratación de cinco persoas de xeito temporal, concretamente un encargado de cuadrilla forestal durante seis meses, dous oficiais de primeira de albanelería (5 meses) e dous xardineiros/as (5 meses). Trátase de postos subvencionados pola Deputación de Coruña a través do PEL. 

Para poder participar nesta selección hai que estar no paro e presentar a instancia de solicitude xunto coa documentaicón que se indican nas bases entre o martes 31 de maio e o luns 6 de xuño, no Rexistro ou por Sede electrónica

Máis información sobre a convocatoria para seleccionar xardineiros/as premendo aquí

Máis información sobre a convocatoria para seleccionar oficial de primeira de albanelería premendo aquí

Máis información sobre a convocatoria para seleccionar encargado/a de cuadrilla forestal premendo aquí

As persoas seleccionadas terán que pasar un proceso de concurso oposición, no que terán un exame e se lle valorarán os méritos achegados. 

O persoal incoroporarase ás brigadas municipais e o proceso selectivo farase nas próximas semanas para que poidan estar traballando precisamente nos meses de verán, que pola climatoloxía é cando se pode aproveitar para facer máis tarefas en exterior.