O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Convocatoria de selección de dous postos de oficiais de albanelería

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

RESULTADO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR DOUS POSTOS DE OFICIAIS DE ALBANELERÍA

Publícase o resultado do proceso selectivo do primeiro exercicio da fase de oposición, que as persoas aspirantes non superaron, polo que o tribunal declara deserto o proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como oficiais de albanelería. 

Consulta aquí o resultado do proceso

Publicado en teo.gal o  20 de xuño de 2022

BAREMACIÓN E DATA PARA A FASE DE OPOSICIÓN. CONTRATACIÓN DOUS POSTOS DE OFICIAIS DE ALBANELERÍA

Publícase o resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como oficiais de albanelería.  

Consulta aquí o resultado da baremación 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas: 

  • Primeiro exercicio: luns, 20 de xuño de 2022, ás 10:30 horas na nave de obras do Concello (Lucí).
  • Segundo exercicio: luns, 20 de xuño de 2022, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

Lémbraselles que teñen que traer o documento de identidade. 

Publicado en teo.gal o 16 de xuño de 2022.

LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO DE 2 OFICIAIS DE ALBANELERÍA E DATA PARA A BAREMACIÓN

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de albaneis para o Concello de Teo (PEL Concellos 22). 

Consulta aquí a listaxe

Convócase ao tribunal para o mércores 15 de xuño de 2022 ás 11:00 horas na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación de méritods achegados  polas persoas aspirantes. 

Publicado en teo.gal o 14 de xuño de 2022. 

LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO DE 2 OFICIAIS DE ALBANELERÍA 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de oficiais de albenelería para o Concello de Teo (PEL Concellos 22). 

Consulta aquí a lista provisional. 

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir da seguinte á publicación da resolución coa listaxe no taboleiro do Concello. O prazo de reclamacións esténdese do mércores 8 ao venres 10 de xuño. 

De non presentarse reclamacións ou subsanacións, a lista provisional elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 7 de xuño de 2022. 

Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a selección, polo sistema de concurso-oposición, de dúas persoas para ocupar os postos de oficiais de albanelería (Grupo C2) para o Concello de Teo. 

Consulta aquí o anuncio das bases da citada convocatoria publicada no BOP número 101 do 30 de maio de 2022. 

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal na categoría de albanel, oficial de primeira, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso - oposición, de dúas persoas desempregadas para levar a cabo os traballos de albanelería contemplados no proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques, camiños e xardíns”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ó abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do “Programa PEL-Concellos 2022 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL)” (BOP nº 18 de 27 de xaneiro de 2022). Estas contratacións efectuaranse a tempo completo, terán unha duración de cinco meses e están subvencionadas pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo para financiar parte dos custos da contratación. As persoas seleccionadas incorporaranse no departamento municipal de obras.

A modalidade contractual será a dun contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral (código de contrato 405).

A duración do contrato é de 5 meses a xornada completa. 

Consulta aquí as bases completas da convocatoria. 

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

Selección de traballadores/as.

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina web do Concello (www.teo.gal), no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/), no seu taboleiro de anuncios e no BOP da Coruña, publicación esta última que determinará o inicio do prazo de presentación das solicitudes.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de cinco (5) días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) 5 no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (aedl@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias.

No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Albaneis 2022.

Se o último día de presentación das solicitudes recae en día inhábil, o prazo entenderase ampliado ata o día hábil seguinte.

O prazo de presentación de instancias esténdese dendo martes 31 de maio ao luns 6 de xuño (ambos incluídos). 

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da documentación indicada nas mesmas bases.

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2022.