Convocatoria de selección de dous postos de xardinería

Data presentación
Data presentación fin

RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO. CONTRATACIÓN DOUS POSTOS DE XARDINARÍA. 

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como xardineiras. 

Consulta aquí o resultado do proceso. 

Publicado en teo.gal o 23 de xuño de 2022. 

RESULTADO DA FASE DE OPOSICIÓN. CONTRATACIÓN DOUS POSTOS DE XARDINARÍA. 

Publícase o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como xardineiras. 

Consulta aquí o resultado da fase de oposición.

Publicado en teo.gal o 23 de xuño de 2022. 

CORRECCIÓN DE ERROS DA BAREMACIÓN 

Publícase unha corrección de erros da baremación dos méritos no proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como xardineiras.

Advertido o tribunal do erro material na puntuación outorgada a D. Antonio García Pinaque, tras proceder á corrección do mesmo segundo o artigo 109.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administraicóns públicas, o resultado actualizado da baremación podes consultalo aquí

O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas: 

  • Primeiro exercicio: xoves, 23 de xuño de 2022, ás 09:00 horas na nave de obras do Concello (Lucí).
  • Segundo exercicio: Xoves, 23 de xuño de 2022, ás 11:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

Lémbraselles que teñen que traer o documento de identidade. 

Publicado en teo.gal o 17 de xuño de 2022. 

BAREMACIÓN E DATA PARA A FASE DE OPOSICIÓN. CONTRATACIÓN DOUS POSTOS DE XARDINARÍA

Publícase o resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como xardineiras.  

Consulta aquí o resultado da baremación 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas: 

  • Primeiro exercicio: xoves, 23 de xuño de 2022, ás 09:00 horas na nave de obras do Concello (Lucí).
  • Segundo exercicio: Xoves, 23 de xuño de 2022, ás 11:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

Lémbraselles que teñen que traer o documento de identidade. 

Publicado en teo.gal o 16 de xuño de 2022.

LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO DE 2 POSTOS DE XARDINERÍA E DATA PARA A BAREMACIÓN 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de xardineiras/os para o Concello de Teo (PEL Concellos 22). 

Consulta aquí a listaxe definitiva. 

Convócase ao tribunal para o mércores 15 de xuño de 2022 ás 11:00 horas na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación de méritos achegados polas persoas aspirantes. 

Publicado en teo.gal o 14 de xuño de 2022.

LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO DE 2 POSTOS DE XARDINERÍA 

Publícase a lista provisional de persoa admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de xardineiros/as para o Concello de Teo (PEL Concellos 22). 

Consulta aquí a lista provisional. 

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir da seguinte á publicación da resolución coa listaxe no taboleiro do Concello. O prazo de reclamacións esténdese do mércores 8 ao venres 10 de xuño. 

De non presentarse reclamacións ou subsanacións, a lista provisional elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 7 de xuño de 2022. 

Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a selección, polos sistema de concurso-oposición, de dúas persoas para ocupar os postos de xardineiros/as (Grupo C2) para o Concello de Teo. 

Consulta aquí o anuncio das bases da citada convocatoria publicada no BOP nº 101 do 30 de maio de 2022

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal na categoría de xardineiro/a, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso - oposición, de dúas persoas desempregadas para levar a cabo os traballos de xardinería contemplados no proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques, camiños e xardíns”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ó abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do “Programa PEL-Concellos 2022 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL)” (BOP nº 18 de 27 de xaneiro de 2022).

Estas contratacións efectuaranse a tempo completo, terán unha duración de cinco meses e están subvencionadas pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo para financiar parte dos custos da contratación. As persoas seleccionadas incorporaranse no departamento municipal de servizos básicos.

A modalidade contractual será a dun contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral (código de contrato 405).

A duración do contrato é de 5 meses a xornada completa. 

Consulta aquí as bases completas da convocatoria. 

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

Selección de traballadores/as.

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina web do Concello (www.teo.gal), no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/), no seu taboleiro de anuncios e no BOP da Coruña, publicación esta última que determinará o inicio do prazo de presentación das solicitudes.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de cinco (5) días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) 5 no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (aedl@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias.

No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Xardíns 2022.

Se o último día de presentación das solicitudes recae en día inhábil, o prazo entenderase ampliado ata o día hábil seguinte.

O prazo de presentación de instancias esténdese dendo martes 31 de maio ao luns 6 de xuño (ambos incluídos). 

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación que se indica nas mesmas bases.

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2022.