Convocatoria de selección dunha persoa de encargado/a de cuadrilla forestal

Data presentación
Data presentación fin

RESULTADO PROCESO SELECTIVO DE ENCARGADO/A DE CUADRILLA FORESTAL

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación dunha persoa para ocupar o posto de encargada de cuadrilla forestal para o Concello (PEL Concellos 2022). 

Consulta aquí o resultado do proceso

O tribunal propón á alcaldía a contratación de Dª Laura Cereixo Barreiro como encargada de cuadrilla forestal para o Concello de Teo. 

Publicado en teo.gal o 21 de xuño de 2022. 

BAREMACIÓN E DATA DE EXAME. POSTO DE ENCARGADO/A DE CUADRILLA FORESTAL

Publícase o resultado da fase de concurso do proceso selectivo par aa contratación dunha encargada de cuadrilla forestal. 

Consulta aquí o resultado da baremación 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes no Salón de Plenos do Concello, para a realización da fase de oposición, o martes 21 de xuño ás 11:00 horas. Lémbraselles que teñen que traer o documento de identidade. 

Publicado en teo.gal o 16 de xuño de 2022. 

LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO DUN (1) POSTO DE ENCARGADO/A DE CUADRILLA FORESTAL 

Publícase a lista definitiva do proceso selectivo dun (1) posto de encargado/a de cuadrilla forestal.

Consulta aquí a listaxe definitiva

Convócase ao tribunal o mércores 15 de xuño ás 10:00 horas na Casa do Concello para a baremación dos méritos presentados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 13 de xuño de 2022.

LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO DUN (1) POSTO DE ENCARGADO/A DE CUADRILLA FORESTAL 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un (1) posto como encargado/a de cuadrilla forestal para o Concello de Teo (PEL Concellos 22). 

Consulta aquí a lista provisional. 

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir da seguinte á publicación da resolución coa listaxe no taboleiro do Concello. O prazo de reclamacións esténdese do mércores 8 ao venres 10 de xuño. 

De non presentarse reclamacións ou subsanacións, a lista provisional elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 7 de xuño de 2022. 

Publícanse as bases para a convocatoria para a selección, polo sistema de concurso-oposición, dunha persoa para ocupar o posto de encargada de cuadrilla forestal para o Concello de Teo. 

Consulta aquí o anuncio das bases da citada convocatoria publicada no BOP número 101 do 30 de maio de 2022

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal dunha persoa como encargada de cuadrilla forestal, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso - oposición, para levar a cabo os traballos relacionados coa xestión da cuadrilla forestal contemplados no proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques, camiños e xardíns”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ó abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do “Programa PEL-Concellos 2022 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL)” (BOP nº 18 de 27 de xaneiro de 2022).

Esta contratación efectuarase a tempo completo, terá unha duración de seis meses e está subvencionada pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo para financiar parte dos custos da contratación. A persoa seleccionada incorporarase a área de desenvolvemento local do concello, departamento que coordina e xestiona ao grupo de traballadores/as forestais.

A modalidade contractual será a dun contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral (código de contrato 405). 

Consulta aquí as bases completas da convocatoria. 

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

Selección de traballador/a. 

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina web do Concello (www.teo.gal), no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/), no seu taboleiro de anuncios e no BOP da Coruña, publicación esta última que determinará o inicio do prazo de presentación das solicitudes.

As persoas aspirantes interesadas no posto de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de cinco (5) días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (aedl@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias.

No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Encargado/a Forestal 2022.

Se o último día de presentación das solicitudes recae en día inhábil, o prazo entenderase ampliado ata o día hábil seguinte.

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases e a acompañará da documentación que se indique nas citadas bases. 

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2022.