O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As persoas propietarias de animais de compañía deben rexistralas nun censo

| compartir:

¿Tes un animal doméstico? ¿Sabes cales son os trámites administrativos que debes efectuar en caso de telo? Dende a Concellaría de Medio Ambiente explican que todos os animais domésticos deben ter obrigatoriamente un chip e unha cartilla de vacinas actualizada. Ademais, no caso de que o animal sexa de raza potencialmente perigosa, a persoa propietaria terá que tramitar a licenza de Animal Potencialmente Perigoso (APP). Unha vez recibida a licenza, haberá que rexistrar o animal nun prazo de quince días.

A documentación necesaria é: unha copia do DNI do titular, copia da cartilla de vacinación do animal e presentar o modelo normalizado do Concello. As instacias e os fomularios para realizar este rexistro podes descargalas aquí. De feito hai tres apartados, un para solicitar a licenza de APP, outro para inscribir ao animal no rexistro municipal e outro para inscribir ao animal potencialmente perigoso no rexistro municipal.

No Concello de Teo existen dous censos diferentes: un censo de animais perigosos e outro para os animais de compañía. Como anécdota, comentar que nas últimas semanas incluso se procedeu a rexistrar a un gato neste censo. 

Descarga premendo aquí os formularios precisos para rexistrar os animais nos rexistros municipais. As solicitudes teñen que presentarse, debidamente cumprimentada, no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica.

labrador