
Estimados veciños e veciñas:
Recibide un cordial saúdo en nome do Concello de Teo e da súa corporación municipal.
Como alcaldesa quero tamén tendervos a man dende este portal web, para que nos fagades chegar calquera suxestión, inquedanza ou consulta que estimedes oportuna. Somos un concello renovado e adaptado aos novos tempos, polo que agardamos tamén que a participación cidadá sexa unha parte fundamental deste espazo online.
Trataremos de que esteades informados sobre todas as cuestións e novas relativas ao noso municipio, a prestación de servizos, actividades e outro tipo de información de interese para os noso veciños e veciñas.