O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello propón a reparación da cuberta do CEIP Plurilingüe dos Tilos e unha reforma integral do CEIP A Igrexa-Calo

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, para trasladarlle as demandas de mellora para os catro centros educativos do municipio, co fin de poder deseñar accións que atendan as necesidades plantexadas. Na reunión tamén estiveron o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, e a concelleira de Educación de Teo, María Vázquez. 

Así, segundo a rexedora, o máis importante é a reparación da cuberta do edificio principal e do de infantil do CEIP Plurilingüe dos Tilos, co fin de corrixir as filtracións de auga que se producen. Neste senso, o conselleiro trasladoulle que a reparación total da cuberta debía esperar aos meses do verán pero que, ante a urxencia, se iba a levar a cabo unha reparación puntual para evitar as filtracións. 

Seguindo coas demandas neste centro, a alcaldesa trasladoulle tamén a necesidade de de construír unha pasarela cuberta que una os edificios de infantil e o principal, para que a cativada poida cruzar sen mollarse; así como a ampliación do actual comedor. 

En canto ao CEIP A Igrexa-Calo, Lucía Calvo de la Uz propón a súa reforma integral, ao tratarse dun centro con máis de 50 anos de antigüidade, o que permitiría solucionar deficiencias como as filtracións que se producen no patio. A rexedora tamén trasladou a petición de dotar este centro dun ascensor, de salón de actos e dunha pasarela cuberta para acceder ao edificio de Infantil. 

Neste caso, o conselleiro amosou o seu compromiso de levala a cabo o antes posible e salientou que no ano 2024 se procedería á licitación do proxecto coa idea de ter a obra finalizada cara finais do ano 2025.

Por último, en canto aos centros da Ramallosa e do IES de Cacheiras, o conselleiro tomou nota das demandas trasladas. Así, no caso do primeiro, informouse da necesidade de reparar a estrutura do ximnasio e a cuberta da pasarela, entre outras cousas. No caso do segundo, cómpre ampliar o salón de actos e o actual aparcadoiro para os autobuses.

Na reunión, a alcaldesa e o conselleiro acordaron ir paseniñamente, priorizando as reformas nos Tilos e Calo pero traballando tamén na mellora e acondicionamento dos outros centros. Pola súa parte, Lucía Calvo agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia acadado na xuntanza a prol da mellora das instalacións dos centros educativos de Teo e puntualizou que o Consistorio seguirá tamén traballando no seu correcto mantemento. 

Reunión previa coas directivas

Para coñecer de primeira man todas estas demandas e necesidades, o Concello de Teo -a través do seu departamento de Educación- mantivo reunións con todas as directivas e asociacións de nais e pais de alumnos. Desta forma, puido comprobar a problemática de cada un dos centros e trasladar as necesidades máis urxentes á Consellería correspondente.

 

 

reunion