O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Taller de iniciación ao spray nos Tilos

Dentro da programación do Festival Delas Fest que se desenvolve en Teo estes días organízase un obradoiro de iniciación ao spray na Piscina Municipal dos Tilos o Sábado 10 de xullo, de 11h a 14h e de 16 a 19h.

A inscrición é de balde e hai que facela premendo aquí xa que as prazas son limitadas.

O obradoiro está destinado a persoas maiores de 15 anos. Priorizarase a partipación de mulleres e, en caso de esgotárense as prazas, ás residentes no concello de Teo. Valorarase o perfil e motivacións sinaladas no momento da inscrición.

Medidas de seguridade sanitaria contra a covid-19 de obrigado cumprimento na actividade: asistencia con máscara de protección, uso de xel hidroalcólico e luvas a disposición das participantes e respecto ás indicacións da equipa organizadora.

spray
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia