O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Recibimento no Concello de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

| compartir:

Hoxe, a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz e a Concelleira de Cultura, Margarita Rosende Domínguez, recibiron no Concello, á recente Premio Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira, ilustre veciña de Teo.

O Premio foi concedido pola súa obra As alumnas (Galaxia), “por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate”, así como “polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propoñía a II República”.

Orgullosos da nosa veciña.
Parabéns Paula!

recibimento