08-09-2023

Hoxe, a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz e a Concelleira de Cultura, Margarita Rosende Domínguez, recibiron no Concello, á recente Premio Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira, ilustre veciña de Teo.
O Premio foi concedido pola súa obra As alumnas (Galaxia), “por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate”, así como “polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propoñía a II República”.
Orgullosos da nosa veciña.Parabéns Paula!