O mércores 29 de novembro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Na sesión tomará posesión D. José Antonio Garea Gil como concelleiro do Partido Popular. Debateranse varias mocións do BNG sobre o transporte público ou o apoio ás traballadoras do SAF. Así mesmo no pleno tomarán a palabra representantes da AAVV dos Tilos en relación á moción sobre as súas reivindicacións e da AAVV Baiuca pola reapertura da pirotecnia de Solláns.
Orde do día completa:
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da RES 1341/2022 do 21/10/2022 á RES 1546/2022 do 24/11/2022).
- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 3º trimestre 2022.
- Toma de posesión de D. José Antonio Garea Gil como concelleiro da corporación municipal.
- Ditame da proposta da alcaldía de declaración de utilidade municipal das actividades desenvolvidas pola A. C. A Mámoa.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG relativa ás medidas para o fomento do sistema de transporte público por estrada.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG de apoio ás traballadoras do SAF.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a reapertura da pirotecnia de Solláns.
- Ditame da moción do grupo municipal do BNG relativa á retirada da simboloxía franquista dos espazos públicos.
- Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE de apoio ás reivindicacións da AAVV Os Tilos.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.
Podes ver a emisión completa do pleno premendo aquí
