O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de novembro

| compartir:

O mércores 29 de novembro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión tomará posesión D. José Antonio Garea Gil como concelleiro do Partido Popular. Debateranse varias mocións do BNG sobre o transporte público ou o apoio ás traballadoras do SAF. Así mesmo no pleno tomarán a palabra representantes da AAVV dos Tilos en relación á moción sobre as súas reivindicacións e da AAVV Baiuca pola reapertura da pirotecnia de Solláns. 

Orde do día completa: 

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da RES 1341/2022 do 21/10/2022 á RES 1546/2022 do 24/11/2022).
  2. Dación de conta do informe de morosidade e PMP 3º trimestre 2022.
  3. Toma de posesión de D. José Antonio Garea Gil como concelleiro da corporación municipal. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de declaración de utilidade municipal das actividades desenvolvidas pola A. C. A Mámoa. 
  5. Ditame da moción do grupo municipal do BNG relativa ás medidas para o fomento do sistema de transporte público por estrada. 
  6. Ditame da moción do grupo municipal do BNG de apoio ás traballadoras do SAF. 
  7. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a reapertura da pirotecnia de Solláns. 
  8. Ditame da moción do grupo municipal do BNG relativa á retirada da simboloxía franquista dos espazos públicos. 
  9. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE de apoio ás reivindicacións da AAVV Os Tilos. 
  10. Mocións. 
  11. Rogos e preguntas. 

Podes ver a emisión completa do pleno premendo aquí

Casa do Concello