O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Volve Elas, andainas dirixidas a mulleres

| compartir:

O Centro de Información á Muller (CIM) presenta as andainas para mulleres, Elas, que nesta tempada serán dous sábados ao mes. O pasado mes de maio puxéronse en marcha roteiros dirixidos a mulleres maiores de idade, daquela durante a semana. Agora serán dúas andainas ao mes, de outubro a maio, o primeiro e o terceiro sábado de cada mes. O percorrido irá cambiando por distintos lugares do Concello e será accesible cunha duración de dúas horas. Para participar hai que inscribirse no formulario na web premendo aquí

A saída do primeiro roteiro, o 1 de outubro, terá lugar dende a Casa do concello. Ao longo de 4,5 km de duración da andaina, percorreremos lugares con moito encanto como a fervenza da Ramallosa e o río Tella. Durante a actividade "farase un percorrido por aquelas rutinas que nos gustaría levar a cabo, así como das que preferiríamos deixar atrás" sinalan dende o Centro de información á muller. A ruta, de dúas horas de duración, serviranos para coñecernos e comezar, entre todas, a facer camiño.

Segundo explican dende o CIM Elas é un programa para traballar por e para as mulleres da contorna; ofertando espazos de encontro seguros levando ao mesmo tempo, unha actividade saudable en formato de andainas dinamizadas e temáticas. Serán encontros nos cales se realizará unha andaina por diferentes espazos do concello de Teo. As andainas contarán con un quecemento tanto físico como mental, no cal preparar corpo e mente para traballar  o tema que vaiamos a tratar ao mesmo tempo que coñecemos lugares, establecemos contacto co medio natural ,interactuamos e creamos conciencia activa.

Parécenos fundamentar buscar espazos de encontro para as mulleres e combinalo coa activide física, indican dende Igualdade.  

 

 

rutas