Andaina para mulleres. Elas. 1 de outubro.

ruta

Reiniciamos rutas para mulleres o 1º e o 3º sábado de mes . A saída do primeiro roteiro, o 1 de outubro, terá lugar no concello. Ao longo de 4,5km de duración da andaina, percorreremos lugares con moito encanto como a fervenza da Ramallosa e o río Tella.

Durante a actividade faremos tamén un percorrido por aquelas rutinas que nos gustaría levar a cabo, así como das que preferiríamos deixar atrás. A xornada, de dúas horas de duración, serviranos para coñecernos e comezar, entre todas, a facer camiño.

Data e hora
Localización
Saída diante do concello de Teo
Prazas dispoñibles
0
Prazas por persoa
4

Actividades relacionadas