O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Nadal Cultural preséntase nun formato seguro

| compartir:

Dende a Concellaría de Cultura e Educación, “traballamos para evitar que esta situación de pandemia nos roube o Nadal, por iso presentamos unha Campaña de Nadal Cultural cun formato seguro, que arracará o 5 de decembro e rematará o 5 de xaneiro coa Autocabalgata de Reis, e que terá as familias como centro de atención” indica a concelleira Mayte Argibay.

Como a prudencia manda, toca reinvertarse e traballar pola ilusión que estas datas suscitan nos nenos e nenas e na nosa veciñanza en xeral, e neste senso presentarase un abano de actividades culturais variadas e seguras, e adaptadas á nova situación que estamos a vivir e tomando as medidas necesarias para evitar que se poña en risco a nosa saúde.

Contaremos coas seguintes actividades:

Recuncho de Nadal Cultural: no exterior do Auditorio Constante Liste estará situado un espazo de nadal, dende mediados de decembro para reforzar e incentivar o ambiente de Nadal. Este recuncho contará cunha decoración singular feita a man, onde destacará un gran Buzón Real, para que cada neno poida entregar con tempo a súa carta ós Reis Magos. Neste buzón particular e especial que vai directo a Oriente, poderase entregar a carta ao teu Rei Mago favorito. Entre todas as cartas recibidas sortearanse publicamente o día 3 de xaneiro, no exterior do Auditorio Constante Liste, 3 lotes de xoguetes educativos. Lembrade para elo poñer o voso teléfono na carta. Neste espazo de Recuncho Cultural tamén podedes facer a vosa foto de Nadal e compatila nas redes. Ademais disto haberá un posto de venda de churros o 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro.

Videoconferencia en directo cos reis magos: Queres que te chamen os Reis Magos?: A partir do sábado 5 de decembro podes solicitar unha das 550 videochamadas por WhatsApp personalizadas para poder falar cos Reis Magos dende as súas casas. Para poder apuntarte deberás acceder a teo.gal entre o 5 e o 29 de decembro e escoller a hora e día da videochamada entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro. Apuntamento por orden de entrada na web do Concello ata completar as 550 entradas. Para pedir a túa videochamada podes premer no banner principal da web coa imaxe do Nadal cultural. Unha vez premes tes que seleccionar provincia e concello. Cando xa tes seleccionado Teo aparece un calendario no que debes elexir día e hora para que te chamen. Podes entrar tamén premendo aquí

Programación cultural familiar: concertos, teatro, contacontos, maxia, así como programación en liña como unha homenaxe ao último CantaTeo pois este ano non poderá realizarse fisicamente. Neste participaron o Coro de San Miguel de Raríz, a Coral da Asociación Cruceiro do Monte, a Coral San Simón de Cacheiras, a Coral Polifónica da Sociedade Recreativa de Calo, a Coral Polifónica da Mámoa de Luou, así como o xa non existente Grupo de Canto Aleceia dos Tilos.

Concurso de Postais: convócase a vixésimo primeira edición do Concurso de Postais: Debuxa o Nadal, onde os nenos e nenas de Teo demostran a súa linguaxe artística, as súas vivencias, intereses, emocións e desexos arredor do Nadal. O prazo para a presentación de postais iníciase o 25 de novembro e remata o 11 de decembro de 2020. Os traballos poden presentarse no Departamento de Cultura do Concello (de 8:00 a 15:00 h), na Biblioteca do Grilo, na Biblioteca dos Tilos ou nos centros educativos do concello como é habitual. Os premios do concurso entregaranse nun acto con capacidade restrinxida que terá lugar o 18 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio da Ramallosa.

Agasallo máxico dos Reis Magos nos colexios: Este ano as súas maxestades deixaran na mesa da escola de cada neno escolarizado nos centros educativos de Teo un agasallo sorpresa máxico cargado de ilusión e esperanza, para que os nenos e nenas de Teo recarguen as súas batería das emocións, sorrisos e experiencias que desexan para este novo ano que entra. A volta ó cole será toda unha alegría, no teu pupitre agárdate o teu agasallo máxico

vediochamadas

Arquivos descargables

Attachment Size
cartel buzon.pdf 2.15 MB
videochamadas.pdf 1.67 MB
Axendadecembro.png 1.29 MB
debuxaonadal.jpg 255.83 KB