Ata o 11 de decembro podes participar no concurso de postais Debuxa o Nadal

03-12-2020
Mayte

A Concellaría de Cultura ten en marcha, un ano máis, o concurso de postais Debuxa o Nadal no que poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroados no Concello de Teo con idades de 0 a 12 anos. Cunha dimensión máxima de 21x15 centímetros, presentarase un debuxo de temática libre xunto coa expresión dun desexo que teña clara relación co Nadal.

Cada postal deberá ter escrito pola parte traseira os seguintes datos: nome e apelidos, idade, teléfono, curso e colexio.

Categorías e premios:

Categoría A (Infantil): de 0 a 6 anos

  • 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 40 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)
  • 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 20 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)

Categoría B (Primeiro grupo): 1º, 2º e 3º de Primaria

  • 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)
  • 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 25 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)

Categoría C (Segundo grupo): 4º, 5º e 6º de Primaria

  • 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 60 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)
  • 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar)

Entre as postais premiadas escolleranse aquelas máis acaídas para a cartelería do Nadal.

Prazo de presentacióin: Do 30 de novembro ata o 11 de decembro

Onde podes entragalas?

  • No Departamento de Cultura do Concello (horario de 08:00 a 15:00 horas)
  • Na Mediateca do Grilo e na Biblioteca dos Tilos
  • Nos centros educativos do Concello

Se precisas máis información podes poñerte en contacto co Departamento de Cultura e Educación do Concello no teléfono 881956010 (de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas)