O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Falarase en pleno da problemática da canteira da Casalonga

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, comprométese a levar ao pleno do Concello a problemática da canteira da Casalonga. Responde así a unha petición realizada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos despois da decisión da Xunta de aprobar o Plan de Restauración para a explotación mineira Casalonga 6996 así como iniciar o expediente de expropiación da pista da canteira

A Plataforma, nun escrito dirixido ao alcalde con data 24 de agosto pide "un debate sobre o estado actual da canteira da Casalonga: posibilidades de actuación municipal ao respecto". O rexedor teense, que xa lles respondeu tamén por escrito, comunica "o meu compromiso de que na segunda quincena de setembro será tratado en pleno o tema por vostede proposto". Tamén se garante a participación na sesión dunha persoa representante da Plataforma. 

No escrito remitido á entidade veciñal destácase que durante o mes de agosto se tivo coñecemento da decisión da Xunta en relación co citado plan de restauración e coa pista municipal explicando que os dous asuntos teñen "unha complexidade técnica e administrativa que requiren do estudo e avaliación xurídica para deseñar unha resposta axeitada". Así mesmo tamén se explicita a necesidade de que cando se leve este tema a pleno terá que ter "unha proposta resolutiva que debe cumprir cos criterios de legalidade e competencia". Por último explícase a necesidade dun período para "poder avaliar legal e politicamente as alternativas posibles polo que consideramos que o tratamento en Pleno do tema proposto non debera ser antes da segunda quincena de setembro". 

Casa Concello