O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello levará ao xulgado as resolucións da Xunta sobre a canteira da Casalonga

| compartir:

A Xunta de Galicia vén de aprobar, nos últimos días, a resolución de autorización do Plan de restauración da concesión da explotación Casalonga num. 6996 e a resolución pola que se declara a necesidade de ocupación dun ben necesario para os traballos da citada explotación mineira, a pista municipal que cruza o espazo da canteira. Hoxe mesmo publícase no BOP o anuncio da expropiación. O Concello está neste momento analizando os documentos e preparando a reclamación xudicial que se presentará contra estas dúas decisións da administración autonómica. 

Dende o goberno municipal destácase que unha vez máis a Xunta actúa en favor dos intereseses empresariais cunha folla de ruta e tempos marcados, tentando menospreciar ás partes implicadas neste procedemento, administració local e veciñanza. Esto "xa sorprende pouco e só nos reafirma na necesidade de manternos firmes na loita contra os atropelos". Dende o Concello defenderase a titularidade da vía que a Xunta quere expropiar para facilitarlle as cousas a Toysal e tamén se recurrirá a aprobación dun Plan de restauración que carece das mínimas garantías dunha tramitación administrativa axeitada. 

A pretensión da Xunta de "convertir" a vía municipal nun viario privado que pretende expropiar a favor de Toysal ten a intención de facilitar que a empresa poida actuar con máis impunidade. O feito de que exista un viario municipal nesa zona en ningún caso impide a actividade mineira mais o feito de tentar eliminalo facilita que a actividade que se vai realizar alí teña menos control externo. O Concello segue defendendo que ese camiño se lle outorgou a través da concentración parcelaria cuxo título se pode consultar premendo aquí. Ademais exerceu como titular desa vía realizando traballos de mantemento e defenderá esto nos tribunais para impedir a súa expropiación. 

Por outra banda a aprobación do Plan de restauración "é unha nova burla xa que non se trata dun novo documento coa conseguinte Declaración de Impacto Ambiental se non que se fai unha actualizaicón do plan de restauración da anterior concesionaria da explotación, un documento de hai case vinte anos que claramente non atende á situación presente e ás condicións actuais da zona". Dende a administración local defendeuse sempre que un Plan de restauración de Toysal se debe tramitar cunha Declaración de Impacto Ambiental, algo do que a empresa escapa e para o que conta coa complicidade imprescindible da Xunta de Galicia. 

Podes descargar e consultar os documentos relacionadas coa resolución de aprobación do plan de restauración e o acordo de expropiación premendo aquí