O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Abre o prazo para anotarse nos Diverteos do verán

| compartir:

O Departamento de Benestar abre o prazo de inscrición do programa de conciliación Diverteo para as edicións de verán. Trátase dun programa que se realiza nos períodos de vacacións escolares e para facilitar a fexibilidade as familias poden anotar ás crianzas só nos días de xuño despois do remate do cole e en xullo e agosto por quincenas. O Diverteo está dirixido a nenos/as escolarizados/as nos CEIPs e CRA entre os 3 e os 12 anos, con preferencia para as persoas empadroadas en Teo. Realízanse nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa, agás o de agosto que se centraliza na Ramallosa. O servizo ten un horario de atención de 07:30 a 15:30 horas con servizo de xantar e ata ás 14:00 h. sen a comida. 

O Diverteo de xuño celébrase do 23 ao 30 de xuño e a inscrición faise do 10 ao 28 de maio. O Diverteo de xullo realizarase na primeira quenda do 1 ao 15 e na segunda do 16 ao 31 e para anotarse hai que facelo do 10 de maio ao 7 de xuño. O Diverteo de agosto terá lugar na primeira quenda do 2 ao 13 e na segunda do 16 ao 31 e a inscrición está aberta do 10 de maio ao 2 de xullo.

Unha vez que remata a inscrición de cada período publícase unha listaxe provisional e ábrese o prazo de pagamento, xa que se non se formaliza o pago pérdese o dereito á praza. O programa completo con servizo de almorzo e comedor custa 9 euros por día e se só se fai uso da atención educativa son 5 euros.

Este ano, que aínda está marcado polas limitacións impostas pola crise sanitaria, a organización e funcionamento do Diverteo axustarase a esas indicacións. Dende Benestar están atentos ás indicacións da Xunta para poder organizar o funciomento do servizo para garantir todas as medidas de protección. Ignacio Iglesias destaca "a necesidade dun servizo de conciliación coma este para as familias que precisan de alternativas nos momentos de vacacións escolares". O ano pasado "fíxose un esforzo para a realización do servizo atendendo á normativa covid, con grupos burbulla e varias ubicacións dentros dos espazos habituais de realización do programa que sigueu funcionando en Nadal e Semana Santa e afortunadamente sen incidencias destacables" explica Iglesias.

Máis información sobre esta convocatoria premendo aquí