Diverteos de xuño a agosto 2021

Data presentación
Data presentación fin

O servizo de conciliación Diverteo funciona nos períodos de vacacións escolares. Está destinado a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os empadroados en Teo.

O lugar de celebración son os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase só cun mínimo de 15 participantes e no colexio da Ramallosa.

O horario do servizo completo (con comida) é de 07:30 a 15:30 horas mentras que sen xantar é de 07:30 a 14:00 horas.

DIVERTEO XUÑO

Diverteo xuño realízase do 23 ao 30 de xuño (6 días).

inscrición para o Diverteo Xuño está aberta do 10 ao 28 de maio. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede electrónica nese prazo.

listaxe provisional publicarase o 1 de xuño na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase do 1 ao 10 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 11 de xuño.

listaxe definitiva publicarase o 14 de xuño.

DIVERTEO XULLO

Diverteo xullo realízase en dúas quendas: 

  1. Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo (11 días).

  2. Segunga quenda: do 16 ao 31 de xullo (11 días).

inscrición para o Diverteo Xullo está aberta do 10 de maio ao 7 de xuño. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede electrónica nese prazo.

listaxe provisional publicarase o 9 de xuño na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase do 9 ao 17 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 18 de xuño.

listaxe definitiva publicarase o 22 de xuño.

DIVERTEO AGOSTO

O Diverteo Agosto farase só cun mínimo de 15 participantes e só no colexio da Ramallosa.

Diverteo agosto realízase en dúas quendas: 

  1. Primeira quenda: do 2 ao 13 de agosto (10 días).

  2. Segunda quenda: do 16 ao 30 de agosto (12 días).

inscrición para o Diverteo Agosto está aberta do 10 de maio ao 2 de xullo. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede electrónica dentro dese prazo.

listaxe provisional publicarase o 5 de xullo na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase do 5 ao 15 de xullo podendo entregar o xustificante de pago ata o 16 de xullo.

listaxe definitiva publicarase o 19 de xullo.

Podes descargar aquí a ficha de inscrición para calquera dos programas de verán. 

IMPORTANTE: Xunto coa ficha de inscrición hai que entregar a declaración covid, que podes descargar premendo aquí, asinada. 

Prezos diarios:

  • Atención educativa: 5 euros

  • Almorzo: 0,5 euros

  • Xantar: 3,5 euros

  • Servizo completo: 9 euros

Pódese consultar a táboa de prezos e bonificacións na Ordenanza reguladora do prezo público por servizos de conciliación publicada no BOP nº 45 do 9 de marzo de 2021. 

Cada programa pagarase completo, non por días soltos.

Este programa está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Benestar). 

Para máis información poden chamar ao Concello de Teo (981.815.700//981.938.475) e preguntar polo CIM.