O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícanse as listaxes de admitidas nas escolas culturais e deportivas

| compartir:

Os Departamentos de Cultura e Deporte xa teñen publicadas as listaxes de persoas admitidas nas escolas culturais e deportivas para este curso 2020/21. 

Consulta aquí as listaxes das escolas culturais

Consulta aquí as listaxes das escolas deportivas

As persoas admitidas, para formalizar a praza, deben realizar o pago entre o 25 e o 5 de outubro. Os pagos son de 20 euros trimestrais por actividade. Pódese facer mediante un ingreso no banco ou por transferencia bancaria. O xustificante do pago hai que entregalo no Concello ou envialo a deportes@teo.gal ou cultura@teo.gal segundo a actividade sexa de deportes ou de cultura. 

O ingreso pódese realizar nos seguintes números de conta do Concello: 

SABADELLGALLEGO Nº DE CONTA: ES03-0081-2154-71-0001001109

ABANCA Nº DE CONTA: ES19-2080-0318-19-3110000099

Descarga aquí a folla para o pagamento. 

Dende o Concello lémbrase que no caso de actividades que non acaden o número mínimo de participantes pódese decidir elmininar a citada escola. Como neste momento hai prazas nalgunhas das disciplinas as persoas interesadas poden presentar a ficha de inscrición. 

O curso das escolas culturais comeza a partir do 15 de outubro. 

O curso das escolas deportivas comeza partir do 13 de outubro. 

Máis información sobre as escolas culturais premendo aquí

Máis información sobre a convocatoria das escolas deportivas premendo aquí

brushes