Publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas nas escolas deportivas tando de adultos/as coma de rapaces/zas.
Listaxes provisionais admitidos nas escolas deportivas persoas adultas
Listaxes provisionais admitidos nas escolas deportivas rapaces/zas
As persoas admitidas, para formalizar a praza, deben realizar o pago entre o 25 e o 5 de outubro. Pódese facer mediante un ingreso no banco ou por transferencia bancaria. O xustificante do pago hai que entregalo no Departamento de Deportes ou envialo a deportes@teo.gal e recoller ou recibir un xustificante para entregar o primeiro día de clase ao monitor/a.
O ingreso pódese realizar nos seguintes números de conta do Concello:
SABADELLGALLEGO Nº DE CONTA: ES03-0081-2154-71-0001001109
ABANCA Nº DE CONTA: ES19-2080-0318-19-3110000099
Descarga aquí a folla para o pagamento.
As clases comezarán a partir do 13 de outubro.
Persoas adultas. Actividades que non se realizan por non acadar o número mínimo de solicitudes.
- Aeróbic no Pavillón de Calo: luns e mércores de 20.00 a 21.00 h
- Aeróbic na Casa común de Rarís: luns e mércores de 18.45 a 19.45 h
- Ximnasia na Casa común da Torre: luns e mércores de 20.00 a 21.00 h
- Ximnasia no centro CJC Os tilos luns e mércores de 19.00 a 20.00 h
*Todas as persoas solicitantes nestas catro actividades poden chamar ao Departamento de Deportes 881 978 433 para cambiarse a outro grupo
Rapaces/zas. Actividades que non se realizan por non acadar o número mínimo de solicitudes.
- KICKBOXING
- MINITENIS
- GRUPO DE NATACIÓN DO MÉRCORES
- GRUPO DE TENIS DE INICIACIÓN DE CALO
- TAEKWONDO 1
*Todas as persoas solicitantes nestas cinco actividades poden chamar ao Departamento de Deportes 881 978 433 para cambiarse a outra escola.
Publicado en teo.gal o 25 de setembro de 2020.
Publícanse as Escolas e actividades deportivas para o curso 2020-21, as cales adaptarán os seus protocolos para axustarse á realidade sanitaria que exista en cada momento.
Inscrición actividades deportivas persoas adultas 2020-2021
Inscricións actividades deportivas xuventude 2020-2021
O prazo de inscrición comezará o 15 de setembro e estenderase ata o vindeiro 23 do mesmo mes, a inscrición pode realizarse fisicamente na Casa do Concello e a través da sede electrónica na web municipal. Así mesmo se algunha actividade excede o número da súa oferta, as prazas serán sorteadas publicamente. As listaxes provisionais publicanse o 25 de setembro e nelas aparecerán, de ser o caso, as actividades nas que sexa necesario realizar un sorteo.
A matrícula en cada escola terá un custo de 60 euros anuais que se poderá dividir en tres pagamentos durante o curso. Así, o primeiro destes pagamentos debe realizarse do 25 de setembro ao 5 de outubro.