O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello limita os servizos de atención ao público

| compartir:

O Concello de Teo, seguindo as instrucións publicadas pola Xunta no DOG para intentar frear o virus, anuncia o peche de servizos de atención ao público dende hoxe venres 13 e ata novo aviso.

Podes consultar aquí as medidas aprobadas polo Goberno do Estado coa aprobación do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria do Covid-19.

Con anterioridade e á vista das medidas adoptadas pola Xunta para frear o Covid-19 que buscan evitar que a xente comparta espazos común dende o Concello decidiuse pechar os parques infantís municipais dende a tarde do sábado 14. Teo conta cun gran número de parques e polo momento colocáronse precinto nos máis grandes e concurridos. A cidadanía debe lembrar que aínda que haxa parques sen precinto non se deben usar. Trátase de evitar coincidir con grupos de persoas para evitar o contaxio. Lembremos que o goberno da Xunta e do Estado están pedindo o confinamento nas vivendas para frear a curva do contaxio do Covid-19.  

Ademais das actividades e servizos xa cancelados que podes consultar premendo aquí informamos de que se suspende o reparto de líquido atraente para a velutina, o servizo de atención catastral que se realiza os venres, o punto de información enerxética dos martes e o roupeiro municipal. 

Tamén se comunica que debido á situación actual o Punto Limpo permanecerá pechado e suspéndese a recollida de voluminosos e a de aceite usado. Mantense a recollida de lixo (orgánico, envases papel e vidro) por ser esencial.

Á vista das medidas adoptadas pola Xunta na tarde do venres a piscina municipal da Ramallosa tamén estará pechada dende o sábado 14. Consulta aquí a resolución publicada pola Xunta no DOG con  novas medidas para tentar frear o COVID-19. 

Por outra banda recoméndase que a cidadanía non acuda aos servizos de atención ao público salvo que sexa estritamente necesario. Para iso lembramos que é moi importante facer uso da atención teléfónico no teléfono 981.815.700 sempre que se poida antes de acudir ao Concello. O teléfono da policía local é o 606.984.838 e o de protección civil é o 649.804720.

Así mesmo lembramos os correos electrónicos dos departamentos municipais para que nestes días se faga uso deste sistema de comunicación antes da visita presencial ao Concello. Poden enviar comunicacións, en función do tipo de consulta que sexa, aos seguintes enderezos: servizosxerais@teo.gal; alcaldia@teo.gal; secretaria@teo.gal; urbanismo@teo.gal; medioambiente@teo.gal; servizossociais@teo.gal; cultura@teo.gal; reservas.casas.comuns@teo.gal; intervencion@teo.gal; deportes@teo.gal; augasdeteo@teo.gal. 

Por outra banda tamén se lembra que o Concello conta con sede electrónica para realizar tramitación electrónica. Podes entrar na sede electrónica premendo aquí

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, publicou un bando no que se informa da adopción destas medidas seguindo a recomendación da Xunta de Galicia. 

Todas estas medidas adóptanse pola crise sanitaria do Covid-19 seguindo as indicacións das autoridades supramunicipais. Dende o Concello pídese prudencia, responsabilidade e colaboración á cidadanía. 

casa do concello

Arquivos descargables

Attachment Size
bandoalcaldia_coronavirus.pdf 88.82 KB