O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comunicado sobre suspensión de actividades municipais polo Covid-19

| compartir:

O Concello de Teo, seguindo as indicacións das autoridades supramunicipais pola situación xerada pola incidencia do Covid-19, informa da suspensión das actividades municipais e do peche de instalacións nos vindeiros días.

Seguindo o criterio da Xunta de Galicia, que pecha os centros escolares dende o luns 16 e durante 14 días, as escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa tamén realizarán este peche dende o mesmo luns 16. 

En relación co procedemento de acceso ás escolas infantís, que se realiza en marzo, mantense a xuntanza informativa prevista para mañá ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello. 

Sábado 14

Do mesmo xeito, as actividades programadas para esta sábado 14 de marzo polo Concello: obradoiro de Apego, obradoiro de impresión en 3D de Mocidade e sesión de contacontos do Festival Atlántica quedan anuladas. Cada departamento decidirá máis adiante cando se recuperan. 

Deportes

O Concello de Teo, seguindo as medidas adoptadas pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en relación á suspensión do programa de fomento escolar Xogade, procede a suspender dende o luns día 16 de marzo e ata novo aviso as actividades das escolas deportivas municipais.

Segundo as decisións adoptadas polas autoridades deportivas e as respectivas federacións a maior parte das competicións están suspendidas. En función desta decisión suspendese dende hoxe xoves 12 de marzo e ata novo aviso a XXII Liga de Fútbol Sala Concello de Teo. As competicións que non foran suspendidas, e se realicen en recintos deportivos municipais deberán celebrarse a porta pechada, sen público de ningún tipo. A decisión de suspender as sesións de adestramento nos recintos deportivos municipais será tomada polos distintos clubs deportivos, e será comunicada ao departamento de deportes do Concello de Teo, e deberan comunicar a decisión de volver a facelos con dous días de antelación. No caso de existir estes adestramentos deberan ser a porta pechada, coa única presenza de deportistas e equipos técnicos. Estas medidas manteranse vixentes ata novo aviso.

En relación ás instrucións emanadas dende distintas autoridades estatais e autonómicas para medidas de prevención da transmisión do COVID-19 en persoas maiores, tamén se procede a suspender dende hoxe xoves 12 de marzo e ata novo aviso as actividades terapéuticas para persoas con deterioro cognitivo. E dende o luns 16 de marzo das actividades de envellecemento activo (actividade física para maiores, excursións e estimulación cognitiva) , pintura e encaixe.

Cultura

Así mesmo dende mañá venres 13 tamén quedan suspendidas, ata novo aviso, as escolas culturais tanto de nenos/as coma de adultos/as. Tamén se acordou que dende mañá venres quedan suspendidos, as reservas de Casas Comúns e locais municipais. Esta suspensión xa é efectiva para as actividades previstas para esta fin de semana.  Por outra banda as bibliotecas municipais, a do Grilo en Cacheiras e a dos Tilos, permanecerán pechadas tamén dende mañá venres. Darase informacióno de calquera cambio e de cando remata estas suspensións.  

Nos vindeiros días seguirase informando de como o Concello adapta as indicacións da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado en relación con esta crise sanitaria. 

Recollida de lixo

Tamén se comunica que debido á situación actual o Punto Limpo permanecerá pechado e suspéndese a recollida de voluminosos e a de aceite usado. Mantense a recollida de lixo (orgánico, envases papel e vidro) por ser esencial.

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, publicou un bando no que se informa da adopción destas medidas seguindo a recomendación da Xunta de Galicia. 

 

 

telefono coronavirus

Arquivos descargables

Attachment Size
bandoalcaldia_coronavirus_0.pdf 88.82 KB