O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A Concellaría de Lingua e Mocidade convídavos a celebrar os Maios, unha festa popular que festaxa a chegada da primavera nos primeiros días do mes de Maio a través de estruturas vexetais e coplas (ámbalas dúas do mesmo nome que a festa).
A concelleira María Lópezexplica que "este ano non podemos celebralo nos colexios ou na rúa, pero podemos aproveitar as saídas que xa podemos empezar a facer para apañar xesta, fiuncho e outras flores… por sorte inda queda primavera!". Deste xeito poderemos participar desta celebración popular cada persoa dende a súa casa.
A continuación deixámosvos uns recursos relacionados coa festa e emplazámosvos a que enchades a rede de coplas! Podedes compartir as publicacións en redes co cancelo #CantádemeUnMaio