O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ábrese o prazo para a inscrición nos Diverteo do verán

| compartir:

O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para os Diverteo do verán, a actividade de conciliación que se realiza coincidindo coa época das vacacións escolares. Está dirixido a nenas e nenos escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os/as empadroados/as en Teo.

Este ano, polas circunstancias  extraordinarias derivadas do estado de alarma, os prazos administrativos están suspendidos. Por medio dunha resolución da alcaldía acodouse seguir coa continuación de inscrición e adxudicación das prazas do Diverteo por se unha ferramenta importante para a conciliación das familias. Sen embargo todas as actuacións realizadas no procedemento de adxudicación das prazas do Diverteo, quedarán condicionadas a que o estado de alarma e a crise sanitaria e as normas que se vaian ditando ao efecto, permitan a súa celebración, sen que en ningún caso destas actuacións se derive ningún tipo de dereito adquirido para os posibles usuarios/as.

A previsión é que os Diverteos de xuño a setembro 2020 terán un horario en servizo completo de 07:30 a 15:30 e sen xantar de 7:30 a 14:00 horas.

Descarga aquí a ficha de inscrición para os Diverteo do verán

Dendo 18 de maio as persoas interesadas xa poden realizar a inscición en calquera dos Diverteos do verán: xuño, xullo, agosto ou setembro.

O Diverteo de xuño está programado do 22 ao 30 de xuño e o prazo para inscribirse é do 18 ao 28 de maio. A listaxe provisional publicarase o 29 de maio.

Os Diverteo de xullo está programado a primeira quenda do 1 ao 15 de xullo e a segunda quenda do 16 ao 31 de xullo. O prazo para inscribirse vai do 18 de maio ao 5 de xuño. A listaxe provisional publicarase o 9 de xuño.

Os Diverteo de agosto está programado a primeira quenda do 3 ao 14 de agosto e a segunda quenda do 17 ao 31 de agosto. O prazo para inscribirse vai do 18 de maio ao 30 de xuño. A listaxe provisional publicarase o 3 de xullo. O Diverteo farase só se hai un mínimo de 15 participantes e só no colexio da Ramallosa.

O Diverteo de setembro está programado do 1 ao 9 de setembro e o prazo de inscricióin é do 18 de maio ao 7 de agosto. A listaxe provisional publicarase o 11 de agosto.

O Concello xa ten o Rexistro xeral aberto pero recoméndase seguir usando se é posible a sede electrónica para a tramitación administrativa.

Para máis información sobre o Diverteo pódese chamar ao teléfono 981.938.475  ou 981815700.

 

diverteo

Arquivos descargables