Continuación do procedementode adxudicaciónde prazas do Diverteo

Publícase a resolución da alcaldía sobre a continuación do procedementode adxudicaciónde prazas do Diverteo.

Na resolución resólvese:

  1. Continuar o procedemento para a adxudicación das prazas dos servizo de conciliación, a través do Diverteo, dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
  2. O prazo de inscripción no Diverteo abarcará os períodos que se detallan a continuación, podendo presentarse as correspondente solicitudes no Rexistro Xeral do concello, dende o 18 de maio ata as datas que se recollen a continuación en función da edición do Diverteo de que se trate: ata o 28 de maio (Diverteo de xuño: do 22 ao 30 de xuño). Dende o 18 de maio ata o 5 de xuño (Diverteos de xullo: do 1 ao 15 e do 16 ao 31). Dende o 18 de maio ata o 30 de xuño (Diverteos de agosto: do 1 ao 15 e do 16 ao 31). Dende o 18 de maio ata o 7 de agosto (Diverteo de setembro: do 1 ao comezo do curso escolar)
  3. Todas as actuacións realizadas no procedemento de adxudicación das prazas do Diverteo, quedarán en todo caso condicionadas a que o estado de alarma e a crise sanitaria e as normas que se vaian ditando ao efecto, permitan a súa celebración, sen que en ningún caso destas actuacións se derive ningún tipo de dereito adquirido para os posibles usuarios/as.
  4. A presente resolucion surtirá efectos dende o día da súa data, sen prexuízo de facer público o contido da mesma, para xeral coñecemento, no BOP, no taboleiro de edictos do Concello, na web municipal, no portal de transparencia e na sede electrónica.
  5. Contra a presente resolución, que pon fin a vía administrativa, poderanse interpor os recursos previstos no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ou directamente recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo de que, de acordo co disposto nas disposicións adicionais segunda e terceira do RDPáxina 6de 6463/2020, de 14 de marzo, queda en suspenso o prazo para a interposición, no seu caso, do recurso contencioso administrativo.
  6. Dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que se celebre.

Consulta aquí a resolución completa.

Publicado en teo.gal o 15 de maio de 2020.

O BOP número 72 do luns 25 de maio publica o anuncio de Resolucións da Alcaldía e da concelleira de urbanismo, ditados ao amparo dos apartados 3 e 4 da Dispos. adic. 3.ª do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, relativos a continuación de varios procedementos.