O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O roteiro do Goza do Ulla celébrase o 8 de setembro

| compartir:

O Concello de Teo participa no programa Goza do Ulla e este ano realizará o roteiro o domingo 8 de setembro. Este ano a ruta leva o nome "Do Sestelo ó Ulla polo camiño dos arrieiros" e percorrerá 10 quilómetros. A saída farase dende a área do Xirimbao ás 09:00 horas e a dificultade é media-baixa. 

A ruta une a senda natural do rego Sestelo coa ponte Mariola no Couto de pesa de Couso-Xirimbao do Río Ulla. Iniciarase a andaina seguindo o recuperado treito do Camiño Xacobeo dos Arrieiros, na parroquia de Rarís, para achegarse ata a ponte medieval de Pontevea en Reis. Rematarase á beira do Ulla polo vieiro do itinerario de interese paisaxístico que dá acceso á ponte colgante, punto final da camiñada. 

Para participar na ruta hai que anotarse no departamento de deportes do Concello entregando a ficha de inscrición que podes descargar aquí. O prazo para inscribirse remata o 4 de setembro. 

A ruta está dirixida a persoas de todas as idades a partir de 7 anos. Os menores de idade teñen que contar con autorización do pai, nai ou titor/a e ata os 16 anos deben ir acompañados/as dun/ha adulto/a. Así mesmo recoméndase levar roupa e calzado cómodo e axeitado ao tempo meteorolóxico previsto. As persoas que non aparezan na listaxe de inscritas non poderán facer o roteiro. 

Máis información no departamento de Deportes, no correo electrónico: deportes@teo.gal ou no teléfono: 981.815.700. 

ulla

Arquivos descargables