O informateo de febreiro informa do entroido e da nova campaña contra a nespra asiática

04-02-2019
xenerais

O informateo de febreiro informa das datas de celebración do entroido nas parroquias de Rarís, Reis, Santa María de Teo e Vilariño. Este festa declarada de interés turístico de Galicia ten moita importancia en Teo e proba desto é o traballo que se leva facendo nestas parroquias dende hai semanas para que todo estea listo dende o domingo 17 de febreiro, data na que sairá a parroquia de Rarís. 

No boletín informativo do Concello tamén se comunica a nova campaña contra a nespra velutina que comezará con charlas informativas este mes de febreiro: o xoves 21 na Casa Común de Cacheiras ás 20:30 horas e o martes 26 na Casa Común Marisa Mirás á mesma hora.

Tamén podes atopar información sobre o recurso de Viaqua contra a liquidación do contrato do servizo de auga que desestimou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a intervención do neno Jesús Angueira no Congreso dos Deputados como representante do CLIA de Teo ou a licitación de obras na rede viaria.

Podes consultar o Informateo de febreiro completo premendo aquí

Arquivos