O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O TSXG desestima o recurso presentado por Viaqua contra a liquidación do contrato e deberá pagar o concello máis de millón e medio de euros

| compartir:

No momento no que se liquidou o contrato con Aquagest (antiga concesionario do servizo de saneamento e abastecemento do Concello), contrato que posteriormente foi declarado nulo de pleno dereito, esta non aceptou o cálculo da intervención municipal. Mentres que a liquidación da Intervención municipal estimaba que Aquagest debía uns dous millóns de euros ao concello, Viaqua (novo nome comercial de Aquagest) consideraba que o concello lle debía case catro millóns e medio.

O Xulgado contencioso administrativo núm 1 de Santiago ditou sentenza en xullo de 2018 dando a razón ao concello na liquidación realizada pola Intervención, se ben recoñecía certos dereitos económico a Viaqua en relación cos investimentos realizados en obras. O alcalde, Rafael Sisto, destaca que "en contra dalgunhas interpretacións interesadas, o Concello sempre considerou que era unha sentenza satisfactoria para os intereses municipais e, de feito, foi Viaqua quen recorreu a sentenza".

Pois ben, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar sentenza desestimando integramente o recurso de apelación interposto por Viaqua. Ademais, a sentenza ratifica e clarifica os criterios cos que debe facerse a liquidación, isto é, que a liquidación debe practicarse dende o ano 2001 e que, para facela, deben aplicarse os prezos e cláusulas orixinais do contrato de xaneiro de 1989 actualizados co IPC, criterio defendido pola Intervención municipal.

A sentenza desestimatoria do recurso rexeita a reclamación de Viaqua do lucro cesante e dos custos legais, e ratifica a obriga de pagarlle ao concello os custos de enerxía eléctrica e de xestión da EDAR de Calo.

As consecuencias económicas detalladas da sentenza son que VIAQUA debe ao Concello:  2.331.274,85€ resultantes das liquidacións entre 2001 e o 3º trimestre de 2015, 762.246,10€ de enerxía eléctrica pagada polo concello e que debía ter asumido VIAQUA e 229.884,82€ pola xestión da EDAR de Calo. Un total de 3.323.405,77€. Pola contra, o concello debe pagar 1.556.251,03€ polo investimentos realizados por VIAQUA na rede municipal de Teo.

A liquidación final é polo tanto de 1.767.154,74€ a favor do concello. Contra este fallo do TSXG só cabe un posible recurso de casación diante do Tribunal Supremo, moi limitado polos conceptos admisibles neste tipo de recursos.

 

 

edar

Arquivos descargables

Attachment Size
STZA VIAQUA.PDF 587.33 KB