O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello volve a programar numerosas actividades para todo o mes de decembro, coincidindo coas festas de Nadal, para grandes e pequenos, con actividades centradas na música e no baile, na maxia, no teatro e varios obradoiros. Todas as actividades son de balde, pero en moitas delas será preciso anotarse con antelación, polo que é importante que revisedes o apartado de actividades da web do Concello e vos anotedes o antes posible.
Así, o Festival da Maxia arrinca este sábado, 6 de decembro, co show do Mago Teto, un espectáculo para público familiar. Os sábados 13 e 20 será a quenda do Mago da Boina e dos magos Elisa e Ian, tamén con espectáculos para toda a familia. Xa no mes de xaneiro, o sábado 3, será Magic Mateo quen ilumine o Auditorio Municipal da Ramallosa. Nos catro casos cómpre anotarse previamente, aínda que no caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas ese mesmo día.
A música e o baile tamén son protagonistas neste mes de decembro. Así, o domingo 14 celebraremos unha nova edición do famoso Cantateo: encontro de corais de Teo. O venres 19 será a quenda do gran Paco Nogeurias co seu concerto para os máis pequenos. O domingo 21 teremos concerto da Banda de Música de Teo en colaboración co grupo de teatro do IES de Cacheiras, actuación paensada para público familiar. Namentres, na parte do baile, este ano o Concello o rganiza a "Fábrica de estrelas", un obradoiro de danza urbana para a mocidade de 13 a 16 anos. Serán varios días de bailes e ensaios, co fin de levar a cabo unha actuación o día propio da Cabalgata de Reis.
O teatro tamén estará presente no Concello de Teo., ao igual que os tan coñecidos contacontos como Fadatea e os seus amigos ou a actividade do Apego. Tamén haberá espazo para a presentación do libro "Arredor do Sol", de Mónica Varela e Gabriel Iglesias. Tampouco faltarán os tan desexados obradoiros: sobre os xoguetes de Nadal e a igualdade; a elaboración de bolsas de tea; ou o de deoces de Nadal.
Cabalgata de reis inclusiva
Xa no mes de xaneiro, as súas maxestades de Oriente volverán visitar Teo. Chegarán á estación de tren de Osebe o día 5 e despois farán un percorrido polos locais das distintas asociacións (Calo, A Pontevella, Os Tilos e Rosalía de Castro) e, xa pola tardiña, farase a recepción oficial no Pavillón Ezequiel Mosquera da Ramallosa.
Ao igual que os anos anteriores, farase unha recepción silenciosa no Auditorio Constante Liste para as persoas con diversidade e problemas co ruído. Desta forma, todos os nenos e nenas poderán desfrutar da presenza dos Reis Magos no concello de Teo.

| Attachment | Size |
|---|---|
| Programa_NadalTeo2025.pdf | 987.77 KB |