
A corporación teense reúnese este mércores 27 na sesión ordinaria do mes de novembro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Durante a sesión comparecerá a concelleira de igualdade, Iria Otero, a petición do grupo popular. Tamén se votará unha moción do BNG sobre a emigración galega.
A orde do día ten os seguintes puntos:
- Aprobación das actas das sesións do 25.09.19, 09.10.19, 15.10.19 e 30.10.19.
- Dación de contas das resolucións da lacladía (da 842/19 á 948/19).
- Comparecencia da concelleira de mobilidade, comercio, turismo, emprego e igualdade.
- Ditame da proposta da alcaldía de corrección de erro material no PEF 2019-2020.
- Ditame a moción do grupo municipal do BNG sobre a emigración galega.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.