O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A concelleria de Igualdade comparece no pleno ordinario de novembro

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 27 na sesión ordinaria do mes de novembro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Durante a sesión comparecerá a concelleira de igualdade, Iria Otero, a petición do grupo popular. Tamén se votará unha moción do BNG sobre a emigración galega. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación das actas das sesións do 25.09.19, 09.10.19, 15.10.19 e 30.10.19. 
  2. Dación de contas das resolucións da lacladía (da 842/19 á 948/19). 
  3. Comparecencia da concelleira de mobilidade, comercio, turismo, emprego e igualdade. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de corrección de erro material no PEF 2019-2020. 
  5. Ditame a moción do grupo municipal do BNG sobre a emigración galega. 
  6. Mocións. 
  7. Rogos e preguntas. 
casa do concello