Publícanse as listas provisionais dos seis procesos selectivos abertos

30-04-2018
proceso selectivo

O Concello publica as listas provisionais dos procesos selectivos de seis vacantes de persoal convocados en marzo: técnico/a de recursos humanos; técnico/a informático/a; bibliotecario/a; traballador/a social; conserxe-enterrador e tractorista. As listas provisionais de persoas admitidas e excluídas aprobáronse por resolución da alcaldía. 

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da citada resolución no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión na lista de admitidos e excluídos. 

O prazo de cinco días para enmendas á súa exclusión ou omisión contará dende o 2 ata o 8 de maio. 

As persoas que dentro do prazo non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na lista de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Consulta aquí a lista provisional do proceso de técnico/a de recursos humanos

Consulta aquí a lista provisional do proceso de bibliotecario/a

Consulta aquí a lista provisional do proceso de técnico/a informático/a

Consulta aquí a lista provisional do proceso de traballador/a social

Consulta aquí a lista provisional do proceso de tractorista

Consulta aquí a lista provisional do proceso de conserxe-enterrador

Convocatoria técnico/a de turismo

Por outra banda o Concello vén de publicar no BOP a convocatoria para a contratación dun/ha técnico de turismo. O contrato terá unha duración de oito meses, de acordo coa subvención concedida pola Deputación ao Concello para cofinanciar o seu custo. O prazo para presentar a solicitude para participar neste proceso está aberto do 2 ao 11 de maio (ambos incluídos). Podes consultar as bases para a contratación deste posto premendo aquí

Consulta aquí a convocatoria completa para a contratación dun/ha técnico/a de turismo