O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Informateo de setembro informa da creación dun espazo de traballo colaborativo

| compartir:

O Informateo de setembro vén cargado de información de interese para este curso que comeza. Na portada aparece información sobre as obras de acondicionamento da antiga escola unitaria de Solláns para convertila nun espazo de traballo colaborativo que comezará a funcionar nos vindeiros meses. Deste xeito o edificio poderá ter un novo uso por parte de persoas emprendedoras, autónomas ou startups. As obras de mellora do edificio foron financiadas con fondos europeos.

Outra información de interese recollida no Informateo é a relativa á oficina que abrirá o Catastro en Cacheiras dende o día 17 de setembro. A xerencia do Catastro abre esta oficina de información sobre a aplicación da nova ponencia de valores. Este servizo estará dispoñible dende o 17 de setembro ao 15 de outubro na Casa Común de Cacheiras, no número 38 da Travesía.

Esta oficina temporal funcionará de luns a venres entre as 09:00 e as 14:00 horas e tamén nas tardes dos martes e xoves entre as 16:00 e as 18:00 horas. A oficina contará con cita previa para o que hai que chamar aos seguintes números: 902.373.635//913.874.550.

No resto da publicación pódese atopar información sobre o ciclo de actividades do CIM programadas para setembro entre as que destaca o concertos das Tanxugueiras o 23 de setembro na Carballeira de Cornide xunto coa Banda da Loba e Habelas Hainas; as obras previstas en Ribas e no campo de fútbol de Calo; a ruta Goza do Ulla ou as Ultranoites de Chévere que volven en setembro.

Neste número tamén se inclúe información sobre a actividade das asociacións culturais e veciñais prevista para este curso 2018/19.

Descarga aquí o Informateo de setembro completo

 

Espazo de traballo colaborativo

Arquivos descargables

Attachment Size
InformaTeo_Setembro_2018_web.pdf 443.1 KB