O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As Ultranoites de Chévere volven en setembro con seis representacións

| compartir:

Chévere, a compañía de teatro residente en Teo, volve programar Ultranoites, un dos seus espectáculos con mellor acollida entre o público. En setembro ofrecerá seis representacións no Auditorio Constante Liste. Serán os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29, sempre ás 22:00 horas.

Este espectáculo, creado por Chévere en 1993, bebe de xéneros populares como o teatro de variedades, a revista ou o cabaré para facer escarnio da actualidade política, cultural, económica ou social. Sempre ao día, serve de espello deformante, ás veces o máis realista.

Nesta ocasión, ademais dos actores, actrices e músicos da compañía, estarán como artistas convidados AldaoLado, Carlos Santiago e Clara Gayo.

As entradas xa están á venda por internet premendo aquí e tamén nos establecementos A Santa Sede (A Ramallosa); A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), Panadaría San José (Cacheiras) e Bar El Muelle (Santiago).

As que queden poranse á venda o propio día da función, unha hora antes de comezar, na billeteira do auditorio.

 

público Ultranoite