O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello amósase moderadamente satisfeito polo arquivo do expediente de Toysal

| compartir:

O Concello de Teo amosa a súa moderada satisfacción polo anuncio da Xunta de Galicia, a través dunha nota de prensa, do arquivo do expediente da planta de residuos que Toysal pretendía instalar na Casalonga. O 4 de setembro remitíase dende o Concello o informe de incompatibilidade urbanístico e solicitábase o arquivo do procecemento ambiental integrado que a empresa tramita na Consellería de Medio Ambiente. 

Dende o goberno municipal destácase que se vén de gañar una batalla, máis estamos diante dunha ameaza medioambiental que pode non rematar aquí. "A única solución para alonxar a ameaza de Toysal é un cambio normativo na lei do solo de Galicia ou no PRIGA que impida que este tipo de plantas se poidan instalar a poucos metros de núcleos con alta densidade de poboación" indica o rexedor, Rafael Sisto. 

Como explicou o alcalde o día que presentou o informe municipal "o Parlamento ten capacidade para lexislar a favor da cidadanía e agardamos que o faga". As competencias que lle deixa a lei do solo aos Concellos diante de actividades perigosas coma esta ou as pirotecnias son moi escasas. Neste momento "temos conseguido parar un intento de agresión máis non sabemos se teremos armas para parar o seguinte". 

O próximo martes o alcalde, representes dos partidos políticos de Teo e a plataforma Casalonga Limpa de residuos manterán un encontro solicitado dende o Concello coa Directora Xeral de Calidade Ambiental, na que "agardamos que unánimemente se volva solicitar un cambio normativo" indica Sisto.  

Plan de restauración

En relación coa empresa Toysal neste  momento o Concello traballa noutra solicitude de informe que se pide dende Minas, dependente da Consellería de Industria, sobre o plan de restauración que presenta a empresa despois de mercar os dereitos mineiros da explotación Casalonga. A firma viguesa propón encher o oco da canteira con inertes e abre a posibilidade de cubrilo con tecnosolos. Xa se ten solicitado una xuntanza co director xeral de Minas para falar deste tema. 

 

canteira