O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello presenta un estudo de mobilidade para Os Tilos

| compartir:
Parroquia
Os Tilos

O Concello de Teo presenta un estudo de mobilidade para a urbanización dos Tilos. Segundo explica a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, "con el preténdese atender unha demanda veciñal de reorganización do tráfico na zona que permita mellorar a seguridade viaria e contar con máis prazas de aparcamento".

Onte mesmo presentábase o documento nunha reunión coa asociación de veciños dos Tilos na que tamén estivo o arquitecto municipal. Durante este encontro a concelleira explicou que esta intervención, que suporá pasar nalgunhas rúas de doble dirección a un único sentido, implantarase este verán. Nas próximas semanas vaise facer unha obra de mellora de seguridade que consiste na execución de tres pasos elevados. Unha vez rematados estes traballos farase a sinalización horizontal e vertical que cambiará a circulación na urbanización. Uxía Lemus destaca que "estes cambios serán obxecto dunha nova valoración técnica e veciñal, transcorrido un ano dende a súa implantación, co fin de considerar axustes e melloras nas mesmas".

Os cambios na circulación suporán que algunhas rúas con doble dirección terán un único sentido. Esto evitará situacións de vehículos aparcados nas marxes da rúa e coches tentando circular nas dúas direccións. Deste xeito, co novo deseño, o tráfico será máis seguro e gañaranse prazas de aparcamento, outra necesidade na zona. Dende Urbanismo calculan, que unha vez rematada a intervención, se poderán incrementar en aproximadamente corenta os sitios de aparcamento. Este aumento, sobre todo no entorno da Rúa Ameneiro servirá de aparcamento disuasorio para o fomento do emprego do transporte público.

Uxía Lemus tamén destaca que "a estes cambios uniranse outras melloras de seguridade viaria, como a mellora da rotonda da rúa Castiñeiro e a senda viaria de conexión entre o Ceip dos Tilos e o pavillón municipal".

 

 

 

Estudo mobilidade Tilos

Arquivos descargables