O Concello formaliza a contratación dun reforzo para as brigadas municipais a través do PEL

11-07-2017
Contratación brigadas

O Concello de Teo vén de formalizar a contratación temporal de cinco persoas que reforzarán as brigadas municipais de obras e de parques e xardíns nos próximos meses. Este persoal está subvencionada a través da convocatoria do Programa de Integración Laboral (PEL) da Deputación da Coruña.

A semana pasada incorporábanse cinco persoas, dous operarios que se traballarán como xardiñeiros dando apoio á brigada de parques e xardíns e dous oficiais de primeira e un peón de obra pública para facer obras de reparación nas beirarrúas dos Tilos. A axuda da Deputación é de 51.638 euros e financia os custos laborais da contratación durante cinco meses, ata primeiros de decembro. O proceso selectivo realizouse facendo unha oferta pública de emprego no SEPE.

As brigadas municipais, que dependen do concelleiro Xurxo Francos, realizan un importante traballo de mantemento de zonas verdes e reparacións e melloras de espazos e locais públicos. O reforzo puntual destes servizos é fundamental para poder acometer traballos como a mellora das beirarrúas que só co persoal estable serían difíciles de realizar.

Os traballadores foron recibidos no Concello polo alcalde, Rafael Sisto, o concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, e a concelleira de Promoción Económica, Conchi García.

Técnica de turismo

Por outra banda a semana pasada tamén remataba co examen escrito o proceso selectivo dun/ha técnico/a de turismo que se incorporará durante seis meses. Esta contratación temporal tamén está subvencionada pola Deputación da Coruña. Esta técnica permitirá seguir avanzando nas políticas de fomento do turismo en Teo, unha área que depende da concelleira Conchi García. Nos últimos meses estívose traballando na declaración de bics de varios petróglifos e da ponte de Pontevea. Tamén se realizou unha publicación coa oferta hosteleira do Concello de Teo, creouse unha área de pernocta para autocaravanas no Xirimbao e púxose en marcha unha web específica para a área de Turismo.