Publícase o resultado do proceso de contratación dun/ha técnico/a de turismo

Data presentación
Data presentación fin

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo. Realizada e corrixida a proba escrita incluída na fase de oposición deste proceso, o resultado final podes consultalo premendo aquí

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, a comisión de selección propón á alcaldía a contratación de Dna. Liduvina L. Campoamor Sánchez como técnica de turismo para o Concello de Teo.

Publicado en teo.gal o 10 de xullo de 2017

Reunida a comisión de selección para a contratación laboral-temporal dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo, de acordo coa subvención concedida ó efecto pola Deputación da Coruña, e realizadas as valoracións dos méritos presentados, xustificados conforme ao establecido nas bases da convocatoria, publícase o resultado da mesma.

Podes consultar a listaxe co resultado da baremación premendo aquí

A comisión de selección acorda emprazar aos/ás candidatos/as na Casa Común de Oza, Ribas nº 12, Oza, Teo, para a celebración da fase de oposición, o venres día 7 de xullo ás 12:00 horas. As/os candidatos/as deberán presentar o documento de identidade para a súa identificación.

Podes consultar a ubicación da Casa Común de Oza premendo aquí

Publicado en teo.gal o 5 de xullo de 2017

Publícase a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo.

Co obxecto de valorar a fase de concurso, os membros da comisión de valoración quedan convocados, ás 09:30 horas da mañá do día 3 de xullo, na sede da Casa Consistorial.

Publicado en teo.gal o 30 de xuño de 2017

Publícase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo.

Os/as aspirantes excluídos/as, ou os omitidos, na relación de admitidos e excluídos, disporán dun prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da publicaicóin da presenta na web e no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitivo.

O prazo de subsanación comeza o martes 27 e remata o xoves 29 de xuño (ambos incluídos).

Publicado en teo.gal o 26 de xuño de 2017

O anuncio de ampliación de prazo para a presentación de solicitudes de técnico/a de turismo publicouse no BOP o 8 de xuño de 2017. O prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de xuño de 2017. 

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP

Publicado en teo.gal o 8 de xuño de 2017

Considerando que, mediante Resolución de Alcaldía de 5 de maio de 2017 resolveuse convocar un proceso selectivo para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, por unha duración de 6 meses, dun/ha técnico de turismo para o concello de Teo e se aprobaron as correspondentes bases da convocatoria.

Considerando que, á hora de facer a publicación e a difusión das bases nos distintos medios (web municipal, taboleiro de edictos, redes sociais), omitiuse involuntariamente o anexo IV, no que figura o temario da fase de oposición, o que obrigou a ampliar o prazo de presentación de instancias.

Considerando que nas bases citadas se recolle un prazo de presentación de solicitudes de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de A Coruña, publicación que tivo lugar o venres 19 de maio de 2017, sendo o 5 de xuño de 2017 o último día do prazo establecido ao efecto.                                                                     

En virtude do exposto e tendo en conta que a contratación subvencionada, por 6 meses, ten que ter lugar durante a anualidade 2017, mediante Decreto da alcaldía de 5 de xuño de 2017, resolveuse ampliar o prazo de presentación de instancias para poder participar no citado proceso selectivo, en 5 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicacióndo presente anuncio no BOP de A Coruña, poñendo a disposición de todas as persoas interesadas as bases correspondentes, co Anexo IV, involuntariamente omitidonas publicacións iniciais.

O que se fai público para xeral coñecemento.

En canto o anuncio se publique no BOP quedará fixado o fin do prazo para presentar as solicitudes.

Publicado en teo.gal o 5 de xuño de 2017

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dun/dunha técnico de turismo para o Concello de Teo. Parte da contratación está subvencionada, cunha contía de 16.632€, pola Deputación Provincial de A Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido aos Concellos e agrupacións de Concellos da Provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2017, publicada no BOP nº32 do 15 de febreiro de 2017.

O contrato efectuarase a tempo completo, terá unha duración de seis meses, e a modalidade será a dun contrato temporal eventual por circunstancias da produción (mod.402).

A persoa seleccionada incorporarase na área de Turismo, dependente da Concellaría de Turismo, Transporte, Comercio e Emprego do Concello.

Para participar no presente concurso-oposición os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), para os nacionais doutros Estados. Así, segundo o artigo citado:

- Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario en igualdade de condicións que os españois ós empregos públicos, con excepción de aqueles que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou nas funcións que teñen por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado ou das Administracións Públicas (art. 57.1)

- As previsións do apartado anterior serán de aplicación, calquera que sexa a súa nacionalidade, ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e ós seus descendentes e ós do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes.

- O acceso o emprego público como persoal funcionario, estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 deste artigo.

- Os estranxeiros ós que se refiren os apartados anteriores, así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 

d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

e) Posuír, como mínimo, o carné de conducir tipo B1.

f) Atendendo ao establecido no apartado 3 das bases de convocatoria do Programa DP0029/2017, as persoas a contratar deberán estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

1.- Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.

2.- Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.

3.- Grao ou diplomado en Turismo ou equivalente homologado.

4.- Grao ou licenciatura en Historia da Arte.

5.- Grao ou licenciatura en Humanidades.

6.- Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.

7.- Grao ou licenciatura en Historia.

g) Estar en posesión do CELGA 4 ou dun título equivalente ou superior. Se a persoa proposta para a contratación non cumpre este requisito, terá que superar unha proba oral e escrita de coñecemento do nivel de Galego esixido.

Terceira.- Presentación de solicitudes.

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina Web do Concello:www.teo.gal , no taboleiro de anuncios, nas redes sociais que xestiona e no BOP.

As e os aspirantes interesados no posto de traballo terán que presentar unha instancia (Anexo II),  dirixida ao sr. alcalde, dentro do prazo de dez días (a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP), no Rexistro Xeral do Concello de Teo en horario de 9:00 a 14:00 horas (de 9:00 a 13:00 o sábado) ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común de las Administracións Públicas, (neste caso, os/as aspirantes deberán comunicalo mediante fax (981809401) ou mail (alcaldia@teo.gal), durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. O anuncio publicouse no BOP o 19 de maio de 2017 polo que o prazo de presentación de instancias está aberto do 22 de maio ao 5 de xuño (ambos incluídos).

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación, en orixinal ou copia debidamente cotexada:

- Fotocopia compulsada do documento de identidade (DNI, NIE, Pasaporte).

- Documentación esixida na base segunda.

- Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou minusvalía que impida exerce-la función propia a desenvolver (Anexo III).

- Carné de conducir tipo B.

- Méritos: En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados e xustificados debidamente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

Consulta as bases completas da convocatoria de contratación dun/ha técnico/a de turismo premendo aquí

Publicado en teo.gal o 19 de maio de 2017