O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Axenda Cultural do mes de xuño

| compartir:

A Axenda Cultural do mes de xuño no Concello de Teo comeza o venres 2 ás 19:30 horas con "O mundo máxico de Pinocho" no Auditorio Constante Liste. É necesario a reserva de entrada previa (podes premer aquí para mais información). O domingo 4 ó mediodía, actuación da Banda de Música S.R. San Xoán de Calo na Carballeira de Francos na Festa do Espírito Santo e Virxe de Lourdes. O venres 9, clausura do Obradoiro de Teatro Municipal (Grupo I) no Auditorio Constante Liste representando Hotel Ramallosa. O domingo 11 concerto da  Banda de Música Cultural de Teo ó mediodía no Campo da festa de Raxó dentro das celebracións pola Festa de Santa María das Cabezas.

O luns 12 e mércores 14 haberá un obradoiro de artes escénicas: teatro, emigración e memorioa familiar. Organizado por Chévere, terá lugar no Auditorio Constante Liste en horario de 18:00 a 21:00 horas. A inscrición é de balde ata o 9 de xuño en info@grupochevere.es ou no 981 594 996. Os días 16 e 17, teatro con Salvador Borja Fernández no Auditorio Constante Liste. Trátase dun novo evento dentro do proxecto Berberecheira Chévere. As funcións serán ás 22:00 hora. Podedes consultar toda a información neste enlace.

O sábado 24 ó mediodía, novamente cita coa Banda de Música Cultural de Teo no Campo da Festa de Recesende para celebrar o San Xoán. E ás 21:00 horas no Auditorio Constante Liste, a Asociación Cultural Tequerreté representará a obra teatral O Enredo.

Pechamos a axenda o domingo 25 coa Charanga TNT ó mediodía no Campo da festa de Agoso pola Festa do Santísimo; no Auditorio Constante Liste ás 19:00 clausura do Obradoiro de Teatro Municipal (Grupo 2) coa obra Hotel Ramallosa.

Axenda Cultural Xuño 2107