O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Axenda Cultural do mes de setembro

| compartir:

A Concellaría de Cultura do Concello de Teo publica a axenda cultural para este mes de setembro. O mes comeza coa Antoloxía da Ultranoite do Grupo Chévere no Auditorio Constante Liste da Ramallosa. Será os días 8, 9, 15, 16, 22 e 23 de setembro ás 22:00 horas. Con este espectáculo a compañía residente do Concello pecha as celebracións polo seus 30 anos existencia. 

O sábado 9 de setembro haberá música por partida dobre: Ó mediodía, a Banda de Música da S.R. San Xoán de Calo actuará no Campo da Festa do Carmelo en Ameneiro. Tamén as 12:00, no Mercado labrego dos Tilos, concerto de música tradicional a cargo de Os Carapaus.

Haberá unha nova oportunidade de desfrutar coa Banda de Música da S.R. San Xoán de Calo o mediodía do domingo 17 no Campo da Festa de Ribas (Oza).

Pecharemos o mes co concerto de música infantil Brinca Vai! de aquí para alá, no que Paco Nogueiras fará as delicias non solo dos máis novos da casa. Será o venres 29 ás 18:00 horas na Biblioteca dos Tilos, dentro das actuacións do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Axenda Cultural setembro 2107