A Concellaría de Educación ten como obxectivo a relación coa comunidade educativa (mestres, alumnado, pais e nais) ademais de ocuparse da reparación e mantemento dos colexios públicos, a onde vai destinada unha parte principal do orzamento. Defendemos o dereito universal a unha educación gratuíta e de calidade, e, dentro das nosas limitacións competenciais temos a determinación de colaborar coa comunidade escolar en todo o que cumpra para que ese dereito de todas e todos se poida exercer en plenitude.

Contacto: pilarfaxil@teo.gal

Pilar Faxil

Pilar Faxil

Pilar Faxil é natural de Rábade, Lugo, onde naceu no ano 1965.

Reside no Concello de Teo, en Oza, desde o ano 1997.

É licenciada en Filoloxía Galega pola USC. Desenvolveu o seu labor profesional como lingüista en diversas empresas de dobraxe.

Desde o ano 1998 forma parte da produtora audiovisual Nemedón, dedicada principalmente ao traballo e produción de documentais.