O pleno votará mocións sobre o apoio ás mobilizacións do 8 de marzo

26-02-2020
concello

A corporación teense reúnese este mércores 26 de febreiro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Un dos puntos que se debaterán serán as mocións sobre o apoio ás mobilizacións do 8 de marzo. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación da acta da sesión de 29.01.2020.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 55/2020 á 182/2020).
  3. Dación de conta do informe do cumprimento dos prazos das operacións comerciais, 4º trimestre 2019. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de corrección de erro material da desafectación de camiño público na Grela-Lampai.
  5. Ditame da moción do grupo municipal do BNG relativa ao 8 de marzo. 
  6. Ditame da moción conxunta dos grupos municipais SondeTeo e PSdeG-PSOE sobre apoio ás mobilizacións en torno ao 8 de marzo. 
  7. Mocións. 
  8. Rogos e preguntas.