Decreto de suspensión das actividades festivas do San Martiño 2020

Publícase un Decreto de suspensión das actividades festivas do San Martiño 2020 na carballeira de Francos. 

No decreto acórdase: 

  • Primeiro.- Suspender as actividades municipais de celebración do San Martiño na carballeira de Francos, en cumprimento da normativa sanitaria vixente e co fin de evitar concentracións de persoas que poidan contribuír á transmisión do COVID-19.
  • Segundo.- Non autorizar a instalación ambulante de calquera tipo de actividade comercial, lúdica ou de hostalería, na carballeira de Francos o día 11 de novembro ou nas semanas previas.
  • Terceiro.- Dar traslado da presente Resolución ás concellerías correspondentes, así como á Policía Local e Protección Civil, para o seu coñecemento e efectos.
  • Cuarto.- Dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión ordinaria que se celebre.

Consulta aquí o decreto de suspensión das actividades festivas do San Martiño 2020 na carballeira de Francos. 

Publicado en teo.gal o 27 de outubro de 2020.