O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo asinou un convenio coa CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, ao abeiro do cal se procederá á contratación de 7 persoas, dacordo cos seguintes postos e duración do contrato:
1 xefe/a de brigada de prevención e extinción de lumes. 3 meses. Xornada completa. Que deberá contar con alguna das seguintes titulacións:
o Enxeñería de montes
o Enxeñería técnica forestal
o Técnico/a superior en xestión forestal e do medio natural
o Técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural
o Técnico/a en emerxencias e protección civil ou formación profesional equivalente.
4 Peóns de brigada de prevención e extinción de lunes. 3 meses. Xornada completa.
2 conductores/as – motobombistas. 3 meses. Xornada completa.(Necesario o carné C de conducir)
Temos estes postos ofertados, a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, as ofertas entraron en difusión no día de onte, 15 de xullo, co cal se poden ver nesta ligazón buscando nesa data (ou por localidade) https://emprego.xunta.gal/portal/es/buscar-empleo.html
As persoas interesadas poden "anotarse" desde a propia oferta, premendo na lapela "solicitar".
Os traballos serán a quendas (mañá e tarde no caso dos conductores motobombistas) e o resto farán noites tamén.
| Attachment | Size |
|---|---|
| Bases motobombista.pdf | 262.39 KB |
| Bases xefe brigada.pdf | 261.8 KB |
| Bases peón brigada.pdf | 265.25 KB |
| Oficio.pdf | 165.26 KB |
| Ofertas de emprego.pdf | 229.41 KB |